Coñecendo a artesanía dos libros
- suareznoya
- 7 jun 2018
- 1 Min. de lectura
Penso que non hai mellor forma de coller gusto por algo que coñecendo máis cousas sobre ese tema.

Hoxe as nenas e nenos de 2º E.P.O. desfrutaron dos libros e da lectura mergullándose nunha libraría e aplicando todos os seus sentidos sobre eses obxectos tan marabillosos como son os libros. Puideron ver, ler, tocar, escoitar... os libros e moita información sobre eles. Fascinad@s quedaron escoitando como se facían os libros antigamente, así coma tocando os materiais que utilizaban. Agradecementos á Libraría Couceiro por brindarnos este ratiño tan agradable!
Comments