top of page

Parabéns para ti

Bam Bam ensínanos unha celebración de aniversario moi especial. Con esta dinámica, @s cativ@s interiorizan o concepto de cumprir anos, ao mesmo tempo que aprenden contidos como o paso do tempo, as estacións ou os movementos do Sol.

Encántanos pola súa finalidade didáctica, pero sobre todo porque facilita que @s nen@s se sintan especiais no seu día e poidan compartilo cos seus compañeir@s.



@s nen@s séntanse formando unha elipse (órbita da Terra). No centro está o Sol (vela) rodeado polos seus raios (os meses). A terra será portada pol@ homenaxead@ que se colocará no mes do seu nacemento e comezará a xirar arredor do Sol, dando tantas voltas como anos cumpridos, mentres os seus compañeir@s felicítan@ cantando "Parabéns para ti". Para rematar, como en toda boa festa de aniversario, soprará a vela e recibirá un milleiro de aplausos e felicitacións.




bottom of page