top of page

SÉ VALENTE, A MISIÓN ESPÉRATE

Se estades aquí, é porque sodes persoas moi valentes.

O camiño non será fácil, pero entre todos poderemos conseguilo. Son moitos os champiñóns que queren axudar, se queredes ser un deles, teredes que formar un equipo moi coordinado e unido.

 

¿Poderedes conseguilo? Eu penso que si.

 

Como Princesa do Reino guiareivos, liderareivos, pero non podo percorrer o Reino con esta roupa de “princesa de conto”. Neste máxico mundo preciso a vosa axuda. Enfrontarémonos a poderes sobrenaturais, pero vós dispoñedes do poder máis máxico de todos, a vosa imaxinación.

 

Para poder superar o primeiro nivel, teredes que levar a cabo dúas misións: Misión Team e Misión Avatar.

 

 

 

 

O equipo que consiga superar o primeiro nivel escollerá unha carta ao azar.

bottom of page